Competencia Desleal con » intereses ocultos»

A invasión silenciosa dos VTC en Galicia vai de maneira gradual pero a expansión vai máis aló de invadir Coruña. Teñen plans de ampliar flóta rumbo a Laracha. Unha coincidencia moi grande o de Laracha, onde impera unha nova nave de inditex. Isto vai arruinar o Sector do taxi por completo e ninguén vai mover nin un dedo.

Dende o Sector do Taxi recordan que os VTC Non teñen autorización para realizar servizos de taxi nun traxecto urbano dun punto a outro e ningún dos nosos condutores vai prestar servizos para eles. Falan de inmediatez e é algo imposible e din que traballan con taxis, pero nós temos un réxime interno que non o permite.

ningún Concello de Galicia impulsou ordenanzas municipais que regulen o funcionamento destas plataformas de mobilidade, desde os dous colectivos de taxistas aseguran que se están cometendo «irregularidades» nos servizos. «Realizan servizos urbanos de maneira habitual. Ademais, ao ser un transporte privado baixo demanda, dáse a condición de que cando hai moita demanda as súas tarifas poden ser máis do dobre que as do taxi e con todo, nas horas vale cando a maioría estamos nas paradas, tiran os prezos.

E mentres alguns alcaldes queixanse a Xunta de Galicia garda silencio. Intereses políticos ……