
Hoxe recibimos oficialmente o Punto Limpo Móbil, un servizo que permitirá achegar a toda a veciñanza un espazo para depositar correctamente pequenos residuos que non deben ir ao lixo convencional. ![]()
![]()
No Punto Limpo Móbil poderedes deixar:
Electrónica, informática e telefonía móbil
Pequenos electrodomésticos ![]()
Envases contaminados e aerosóis ![]()
Xoguetes e outros plásticos duros ![]()
O alcalde, Paco Charlín, adianta que o Punto Limpo Móbil estará unha semana completa en cada lugar do Concello, para garantir que todas e todos teñamos preto esta nova ferramenta de reciclaxe e coidado do medio ambiente ![]()
En breve publicaremos o planning completo coas datas e parroquias, para que saibades cando estará preto da vosa casa.
