I Xuntanza do Maior de Laxe, todo un éxito inesquecible

A veciñanza de Laxe viviu este sábado unha xornada absolutamente marabillosa coa celebración da I Xuntanza do Maior, unha cita moi agardada que se converteu nun auténtico espectáculo de convivencia, alegría e bo ambiente 😊🎉

As persoas asistentes desfrutaron dun xantar excepcional, no que non faltou detalle ningún. Como gran sorpresa, o menú incluíu tamén polbo, que foi moi aplaudido por todas e todos 🍽️🐙. A comida foi, sen dúbida, un dos grandes protagonistas do día, acompañada dun ambiente inmellorable.

Tras o xantar, chegou o momento do baile, que puxo a todo o mundo a gozar, rir e compartir momentos únicos, demostrando que Laxe ten uns maiores cheos de vitalidade e ganas de pasalo ben 💃🕺

O alcalde de Laxe, Paco Charlín, quixo agradecer a asistencia de todas as persoas convidadas, así como a presenza da Corporación municipal, do grupo de goberno e de todas as autoridades que acompañaron este día tan especial. Un agradecemento moi especial foi tamén para a Xunta de Galicia, pola súa implicación e apoio.

De maneira destacada, contouse coa presenza de Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en representación da Xunta de Galicia, quen felicitou ao Concello de Laxe por impulsar esta homenaxe ás persoas maiores e por apostar polo benestar, o envellecemento activo e a socialización da veciñanza