π™Š π˜Ύπ™€π™£π™˜π™šπ™‘π™‘π™€ π™™π™š π™ˆπ™–π™‘π™₯π™žπ™˜π™– π™§π™šπ™’π™–π™©π™– 𝙖𝙨 𝙀𝙗𝙧𝙖𝙨 π™™π™š π™§π™šπ™›π™€π™§π™’π™– 𝙣𝙖𝙨 π™€π™¨π™˜π™€π™‘π™–π™¨ π™‘π™šπ™‘π™‘π™–π™¨ 𝙙𝙀 π˜Ύπ™€π™„π™‹ 𝙅𝙀𝙖𝙦π™ͺí𝙣 π™π™€π™™π™§Γ­π™œπ™ͺπ™šπ™― π™Šπ™©π™šπ™§π™€ π™™π™š 𝘽π™ͺñ𝙀

O Concello de Malpica ven de finalizar as obras de reforma realizadas nas Escolas Vellas do CEIP JoaquΓ­n RodrΓ­guez Otero, BuΓ±o, cun investimento total de 12.600 euros.

Os traballos executados consistiron na reforma integral dos baΓ±os da planta baixa, asΓ­ como no cambio das ventΓ‘s do corredor e na substituciΓ³n da porta do comedor, actuaciΓ³ns que permitirΓ‘n mellorar as condiciΓ³ns das instalaciΓ³ns e o seu uso diario pola comunidade educativa.

A concelleira de EducaciΓ³n, Noelia Freijeiro, destacou que β€œesta actuaciΓ³n responde Γ‘ necesidade de manter en bo estado os centros educativos do municipio, garantindo espazos mΓ‘is cΓ³modos, accesibles e adecuados para o alumnado e o persoal docente”.

Pola sΓΊa banda, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, subliΓ±ou que β€œdesde o goberno municipal seguimos apostando pola mellora das infraestruturas educativas, porque investir nos colexios Γ© investir no benestar das familias e no futuro do noso concello”.

Desde o Concello lembran que este tipo de intervenciΓ³ns forman parte do compromiso municipal coa conservaciΓ³n e modernizaciΓ³n dos edificios pΓΊblicos, atendendo Γ‘s necesidades das distintas parroquias.