O Concello de Zas comeza unha liga de Tenis de Mesa

O goberno municipal colabora con iniciativas deportivas como a Liga AD ZAS Tenis de Mesa, unha proposta aberta a toda a veciñanza para fomentar a práctica deportiva, a convivencia e os hábitos de vida saudables desde o inicio do ano.

Trátase dunha liga por niveis, na que poden participar xogadores federados e non federados, desde persoas que se inician ata deportistas de 2ª División Nacional, polo que calquera persoa pode animarse a participar.

👉 Unha boa oportunidade para comezar o ano facendo deporte e compartindo afición.