
Hoxe o Concello de Laracha presenta á cidadanía o Plan director das Torres de Cillobre, un documento clave para avanzar na recuperación dun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos da Laracha.
Trala apertura do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Cultura, Patricia Bello, o responsable de proxectos de Trivium Estratexias en Cultura e Turismo -a empresa redactora- Leo González, explicou as liñas mestras a seguir para poñer en valor o recinto, facelo comprensible para os visitantes e devolvelo ao uso e desfrute da veciñanza.
O Concello continúa apostando pola protección e divulgación da nosa historia.