
Un pequeno terremoto de magnitude 2,6 rexistrouse ás 22:39 horas con epicentro en Santa María de Baneira, no concello de Cabana de Bergantiños, moi preto do límite con Ponteceso.
A pesar da súa baixa magnitude, o tremor foi claramente percibido por numerosos veciños en distintas localidades da zona, especialmente en A Chousa, Beres, Mens, Valenza, Xornes, Buño, Anllóns, Corcoesto, O Penedo e na propia vila de Ponteceso, onde moitas persoas notaron movementos nas vivendas.
Este tipo de sismos, aínda que pouco frecuentes, poden sentirse con intensidade en áreas próximas ao epicentro, sobre todo durante a noite, cando o silencio ambiental fai máis evidente calquera vibración.