
O Concello de Muros continua co plan de mantemento das nosas zonas verdes, actuando nesta ocasión na contorna do Ancoradoiro.
Dende a Concellería de Obras e Servizos estanse a levar a cabo tarefas de roza e limpeza co obxectivo de mellorar o estado xeral deste espazo natural, favorecendo a súa conservación e garantindo un uso máis seguro e agradable para a veciñanza e visitantes.
“Estas actuacións resultan especialmente importantes tras os meses de inverno, nos que o crecemento da vexetación é máis intenso, e permiten manter en boas condicións un dos enclaves máis frecuentados do noso litoral”, explica Laura Rivadeneira, concelleira de Obras de Muros.