
O Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín volveron converterse estes días nun punto de encontro para a aprendizaxe e a divulgación do patrimonio da Costa da Morte, ao recibir a visita de varios grupos escolares e asociacións culturais.
Entre as visitas máis destacadas atopáronse o C.P.I.P. de Boqueixón e o I.E.S. Puga Ramón da Coruña, cuxo alumnado puido coñecer de primeira man a historia e o valor patrimonial do recinto histórico de Vimianzo e do seu entorno etnográfico.
No marco da xornada de “Ponte nas ondas”, tamén participaron distintos centros educativos como o CEIP Vila de Cee, CEIP Praia de Quenxe, CPR N.S. do Carme e CEIP Os Muíños, reforzando así o carácter educativo e intercentros da actividade.
Ademais, a Asociación A Fonte de Fornelos realizou unha andaina ata Castrobuxán, facendo unha parada nos Batáns do Mosquetín, onde puideron coñecer o funcionamento destes antigos mazos hidráulicos e a súa importancia dentro da tradición industrial da zona.
Estas visitas consolidan o papel de espazos como o Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín como referentes do patrimonio histórico, cultural e natural de Vimianzo, atraendo cada vez máis centros educativos e colectivos interesados en descubrir a riqueza da comarca.










