O Concello de Vimianzo lembra a prohibición de acceder aos xardíns públicos e pide o seu uso responsable

O Concello de Vimianzo lembra á cidadanía que está expresamente prohibido subir aos xardíns públicos, unha medida destinada a garantir a súa conservación e o seu bo estado de mantemento.

O goberno local subliña que os xardíns son espazos públicos de uso común que deben ser respectados e coidados por toda a veciñanza, xa que forman parte do patrimonio urbano e contribúen á calidade ambiental e ao benestar social do municipio.

Neste sentido, o Concello fai un chamamento ao cumprimento das normas de convivencia e á utilización adecuada destes espazos, solicitando a colaboración cidadá para evitar condutas que poidan provocar danos ou deterioro nas zonas verdes.

Así mesmo, a administración municipal advirte de que, no caso de repetirse este tipo de comportamentos, adoptará as medidas oportunas de acordo coa normativa vixente, co fin de garantir a protección e conservación dos espazos públicos.

Desde o Concello insístese na importancia da responsabilidade colectiva para manter en bo estado os xardíns e asegurar que sigan sendo lugares de desfrute para toda a veciñanza.