A CIG continúa as mobilizacións pola falta de información sobre as medicións de gas radon nos edificios xudiciais

O sindicato denuncia a demora na entrega dos resultados e reclama transparencia e garantías para a saúde laboral do persoal da Administración de Xustiza.*

A CIG-Xustiza volveu mobilizarse este mércores diante da Fiscalía Provincial da Coruña, situada no edificio xudicial da antiga Fábrica de Tabacos, para denunciar a falta de información e o atraso na entrega dos resultados das medicións de gas radon realizadas nos edificios xudiciais galegos.

Esta concentración dá continuidade á protesta celebrada o pasado 7 de outubro na Audiencia Provincial de Pontevedra, na que o sindicato reclamou á Dirección Xeral de Xustiza a entrega inmediata dos resultados, ao considerar que se trata dunha información preventiva que afecta directamente á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

Segundo lembra a organización sindical, o 10 de setembro de 2024 trasladóuselles ás organizacións sindicais o plan inicial de medicións de gas radon nos edificios xudiciais de Galiza, que contemplaba a avaliación de dous edificios por provincia. Posteriormente, a programación ampliouse a outros centros xudiciais.

Porén, meses despois da retirada dos detectores, o persoal da Administración de Xustiza continúa sen coñecer os resultados das medicións efectuadas nos seus propios centros de traballo.

Desde a CIG consideran inadmisíbel que unha información directamente relacionada coa prevención de riscos laborais permaneza sen facilitar durante meses. O sindicato insiste en que os resultados deben ser comunicados con transparencia e sen