
A Comisión das Festas de San Cristovo de Carnés vén de desvelar o cartel oficial da celebración deste ano da FAGUIA, Festa de Interese Turístico de Galicia, unha das citas máis destacadas do calendario festivo da parroquia.
A presentación do cartel marca o inicio da conta atrás para unha nova edición que, segundo a organización, volverá poñer en valor a tradición, a convivencia e o espírito comunitario que caracterizan esta celebración.
Desde a comisión destacan e agradecen o esforzo, a dedicación e o traballo realizado por todas as persoas implicadas na organización, así como a forte unión e participación da veciñanza de Carnés, fundamental para o mantemento e o crecemento da festa ano tras ano.
A FAGUIA consolídase así como un símbolo de orgullo local e como unha festa de referencia en Galicia, mantendo vivo o patrimonio cultural e festivo da zona. 💙