

A Deputación da Coruña continúa co seu plan intensivo de mellora das infraestruturas no concello de Santa Comba, centrado nesta ocasión na optimización da rede viaria municipal.
No día de hoxe, 18 de maio, a cuadrilla municipal de obras do Concello de Santa Comba levou a cabo os traballos de formigonado dun camiño interior no lugar de Vilarnovo.
Esta intervención ten como obxectivo mellorar o estado da vía, facilitando o tránsito e reforzando a seguridade e a accesibilidade para a veciñanza da zona, contribuíndo así á mellora das comunicacións e da calidade de vida no ámbito rural do municipio.