
A FCM-CIG e o persoal de Eulen que realizaba o mantemento dos leitos fluviais pecháronse este luns durante dúas horas nas oficinas centrais de Augas de Galiza, en Santiago, para reclamar unha solución que garanta os dez postos de traballo afectados.
A contrata rematou o 13 de novembro e Eulen non se presentou á nova licitación, deixando o persoal no paro, mentres o servizo continúa prestándose a través de Tragsa con novos traballadores.
A protesta levantouse tras conseguir unha reunión co director de Augas de Galiza para este mércores ás 11:00 horas.
A CIG relaciona os despedimentos co conflito pola aplicación do convenio provincial de Rematantes e Serradoiros, en lugar do estatal de Actividades Forestais, e mantén a reclamación na vía xudicial tras fracasar a conciliación.
