
Corcubión quenta motores para as súas celebracións coa primeira edición da Milla Medieval, unha proba que combinará deporte, patrimonio e ambiente festivo no corazón da vila.
A cita terá lugar o mércores 22 de xullo, ás 20:30 horas, con saída desde a Praza Castelao. O percorrido permitirá ás persoas participantes e ao público desfrutar dunha carreira por un dos conxuntos históricos máis emblemáticos da Costa da Morte, envolto na atmosfera da festa medieval.
A organización anima tanto a corredores e corredoras como á veciñanza e visitantes a participar e achegarse para vivir unha xornada na que o deporte será o mellor preludio das celebracións, nun escenario único cargado de historia.
Data: Mércores 22 de xullo
Hora: 20:30 horas
Saída: Praza Castelao (Corcubión)