
A subdelegada do Goberno na Coruña, Obdulia Taboadela, visitou hoxe o Concello de Vimianzo para dar a coñecer as liñas de axuda destinadas a impulsar o desenvolvemento do territorio e facer fronte ao reto demográfico.
Durante o encontro, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, acompañada por concelleiros e concelleiras do grupo de goberno, participou nunha reunión na que se analizaron as oportunidades de financiamento e os recursos de apoio dispoñibles para favorecer o desenvolvemento local.
A visita permitiu abordar posibles vías de colaboración e medidas orientadas a fortalecer o territorio, promover novas oportunidades e contribuír a combater a despoboación.
Con esta iniciativa, búscase avanzar na procura de ferramentas que permitan dinamizar o municipio e mellorar as oportunidades de futuro para a veciñanza.
