Comezan as obras de mellora do camiño de Pousada, en Pantiñobre (Arzúa)

O Concello de Arzúa vén de iniciar as obras de mellora do camiño de Pousada, situado na parroquia de Pantiñobre, co obxectivo de renovar o firme e mellorar a drenaxe da vía.

A actuación contempla a renovación do pavimento nun tramo de 480 metros, así como a mellora do sistema de recollida de augas pluviais. Para iso, instalaranse novas tubaxes e sumidoiros e levaranse a cabo traballos de limpeza das gabias, co fin de favorecer a evacuación da auga e mellorar as condicións de conservación do camiño.

Desde o Concello de Arzúa agradécese a comprensión da veciñanza polas posibles molestias que poidan ocasionar os traballos durante o desenvolvemento das obras.

Con esta intervención, o Concello continúa avanzando na mellora das infraestruturas viarias municipais e na conservación dos camiños das parroquias.