A tensión marca a Mostra da Olería de Buño tras un incidente entre oleiros e representantes municipais

A XLI Mostra da Olería de Buño viviu onte un momento de tensión durante a visita institucional na que participaron a deputada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, o alcalde de Malpica, José Luis Parga, e os concelleiros Miguel, Noelia e Marisol, concelleira de Buño e da Olería.

Segundo relataron persoas presentes, produciuse un altercado cando varios oleiros recriminaron ao alcalde a súa presenza, asegurando que acudía unicamente para sacarse a foto e manifestándolle que non estaba convidado nin era ben recibido nese momento.

Sempre segundo estas versións, o alcalde respondeu coa frase: «Eu son o mando», o que provocou un maior malestar entre os presentes e elevou a tensión durante uns instantes.

O incidente xerou comentarios entre os asistentes á Mostra da Olería, un dos eventos oleiros máis emblemáticos de Galicia, aínda que finalmente a situación non foi a maiores e o acto continuou con normalidade.

Polo momento, o Concello de Malpica non realizou ningunha valoración pública sobre o sucedido.