
A Xunta de Galicia ven de denegar a subvención que solicitara o Concello para financiar os traballos de substitución e renovación das carpinterías exteriores do edificio.
Xa que a administración autonómica non valora o proxecto, o goberno local decidiu presentalo á Deputación da Coruña para obter a financiación necesaria para executalo.