A Xunta participa na Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero da Mancomunidade de Ordes

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, destacou o compromiso dos concellos na prevención e detección da violencia contra as mulleres

Ordes (A Coruña), 9 de outubro de 2026.– O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou este venres na reunión do grupo de traballo da Mesa Local de Coordinación contra a Violencia Machista da Mancomunidade de Ordes, que integra os concellos de Ordes, Tordoia, Cerceda, Mesía, Trazo, Oroso e Frades.

O encontro tivo como principal obxectivo avanzar na elaboración dun plan de actuación conxunto fronte á violencia de xénero, que permita coordinar os recursos e actuacións dos diferentes concellos da mancomunidade.

Na iniciativa participan tamén representantes de distintos ámbitos implicados na prevención e atención ás vítimas, entre eles axentes sociais e profesionais dos sectores da educación, a sanidade e as forzas e corpos de seguridade.

Durante a xuntanza, Roberto Barba puxo en valor o traballo que desenvolven os concellos na loita contra a violencia de xénero, especialmente no eido da prevención, a sensibilización e a detección temperá de posibles casos.

O director xeral salientou a importancia da coordinación entre as distintas administracións e os profesionais que interveñen na atención ás vítimas, co obxectivo de ofrecer unha resposta integral e eficaz ante as situacións de violencia contra as mulleres.

Así mesmo, Barba informou sobre os diferentes recursos públicos da Xunta de Galicia destinados á atención e apoio ás vítimas, entre os que se atopan as axudas dirixidas a vítimas de violencia sexual e a prestación económica periódica.

A creación deste plan conxunto permitirá aos concellos da Mancomunidade de Ordes reforzar a coordinación dos recursos existentes e impulsar novas actuacións de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero no ámbito lo