Accidente mortal de moto á altura de Cruz do Cabalo, Cabana de Bergantiños

Un motorista faleceu nun accidente de tráfico rexistrado á altura de Cruz do Cabalo, en Cabana de Bergantiños.

O sinistro produciuse na zona de Rebordelo, na subida cara a Laxe, na estrada AC-429, que comunica os concellos de Cabana de Bergantiños e Laxe.

O accidente, no que se viu implicada unha motocicleta, produciuse arredor das 13:09 horas. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias, que nada puideron facer por salvar a vida do motorista.

Como consecuencia do accidente, unha persoa perdeu a vida.

Desde este medio queremos trasladar as nosas condolencias á familia, amizades e persoas achegadas do falecido.