
Os veciños das parroquias de Buño, Cerqueda e Pazos levan semanas manifestando a súa preocupación polos continuos estoupidos que se están a rexistrar na zona, especialmente durante as horas nocturnas.
Segundo relatan varios residentes, os ruídos prodúcense a diario e, en moitas ocasións, repítense entre catro e cinco veces nunha mesma noite. “Son estoupidos moi fortes, que fan vibrar as casas e esperta a todo o mundo”, sinala un veciño afectado, quen asegura que a situación está a xerar medo e incerteza entre a poboación.
As persoas consultadas describen os sons como semellantes a explosións ou incluso a disparos, aínda que polo momento descoñécese a súa orixe. Algúns veciños apuntan á posibilidade de actividades relacionadas con canteiras ou traballos industriais na contorna, mentres que outros non descartan outras hipóteses.