
Con relación á nova publicada nos medios de comunicación, na que se informa de que o TSXG condena ao Concello de Muros por expoñer a riscos a unha traballadora municipal, é preciso matizar o seguinte:
-O motivo da condena é por carecer no concello dunha evaluación de riscos psicosociais, un documento que debe estar incluído no Plan de Prevención de Riscos Laborais do concello.
-A Lei de prevención de riscos laborais é do ano 1995. Temos que asumir e asumimos o erro de non ter revisado o Plan de Prevención de Riscos Laborais do concello nada máis entrar no goberno, no verán de 2023.
-Unha vez detectado que o Concello de Muros carecía deste plan de prevención, obrigatorio por lei, puxémonos a traballar nel. A día de hoxe está en fase de elaboración.
-Será a primeira vez que o Concello de Muros conte cunha evaluación de riscos psicosociais completa, especifica para cada área e coa participación do persoal municipal, pese a que desde o ano 2010 a Inspección de Traballo está sendo insistente con este tema en todas as administracións.
-Non podemos permitir que a falta dunha ferramenta tan necesaria impida o correcto funcionamento de todos e cada un dos departamentos deste concello.
-Este goberno ten un compromiso claro cos dereitos laborais de todos os traballadores e traballadoras do concello. É un tema demasiado serio como para tomalo á lixeira.
-Cabe lembrar tamén, en respecto a todo proceso xudicial, que a sentenza non é firme.
María Lago Lestón, alcaldesa de Muros.