DANONI VOLVE DEMOSTRAR POR QUE É O GRAN REFERENTE DO AUTOCROSS

O Autocross é un deporte no que hai moito diñeiro, moito ego, moita prepotencia e coches espectaculares. Porén, pilotos de verdade hai moi poucos. Este pasado domingo volveuse demostrar quen é o piloto que marca a diferenza dentro e fóra da pista: Danoni.

Nunha carreira chea de emoción, o piloto volveu ofrecer un espectáculo que fixo vibrar ao público. Nesta ocasión, incluso saíu polos aires nun dos momentos máis impactantes da xornada, pero iso non cambia a realidade: segue sendo o mellor. A súa garra, o seu carácter e a súa valentía convérteno nun piloto diferente, capaz de competir de ti a ti con estruturas e orzamentos moi superiores ao seu.

Mentres outros contan co respaldo de grandes empresas, recursos e vehículos de máximo nivel, Danoni continúa demostrando que o talento, a determinación e os «collóns» tamén gañan carreiras e, sobre todo, conquistan á afección. Porque hai unha realidade evidente: a xente paga a entrada para ver pilotos como Danoni.

As bancadas énchense para presenciar a súa forma de competir, a súa entrega e a súa capacidade para converter cada manga nun auténtico espectáculo. E iso é algo que nin os maiores presupostos poden comprar.

Polémica tamén na categoría -2000 cc

A xornada tamén deixou unha das decisións máis controvertidas do fin de semana na categoría -2000 cc. O piloto David Ferreiro foi sancionado cunha penalización que lle fixo perder tres posicións na clasificación final.

A decisión provocou malestar entre numerosos afeccionados, especialmente porque previamente Ferreiro fora golpeado por outro vehículo nunha acción que moitos consideran determinante no desenlace da carreira. Mentres David acabou sendo penalizado, o outro coche implicado non recibiu sanción ningunha, xerando numerosas críticas e debate entre os seguidores do campionato.

Un episodio que volve abrir a discusión sobre a interpretación das accións en pista e a necesidade de manter un criterio uniforme para todos os participantes.

O Autocross continúa ofrecendo grandes carreiras, pero tamén polémicas. O que non admite discusión é que, unha vez máis, Danoni foi o nome propio dunha xornada que quedará na memoria dos afeccionados.