DEFENDAMOS O NOSO RÍO, A NOSA TERRA E A NOSA VIDA (Escrito por unha lectora)

O río Anllóns é parte da nosa identidade, da nosa paisaxe e do noso futuro. As imaxes doutras zonas afectadas por proxectos de biogás amosan o que podería pasar se non actuamos a tempo: contaminación das augas, malos cheiros, tráfico constante de camións e un impacto directo sobre a saúde, o medio ambiente e a calidade de vida da veciñanza.

A planta de biogás proxectada en Soandres non afectaría só á Laracha. As consecuencias chegarían tamén aos concellos da contorna e a toda a comarca a través do aire, da auga e do territorio que compartimos.

Non queremos ver o noso río como o río Mera das Somozas.

Queremos un rural vivo, limpo e sostible.

Queremos protexer os nosos montes, as nosas fontes e as nosas aldeas.

É momento de unirnos como veciñanza e defender o que é de todos. Porque cando un río se contamina, cando unha terra se degrada, non hai volta atrás.

💧

Polo Anllóns.

🌱

Polo noso rural.

✊

Polo futuro de todos