Detido un home armado cunha arma branca por ameazar gravemente outra persoa na rúa Alfredo Vicenti

A Policía Nacional e a Policía Local acudiron onte á noite á rúa Alfredo Vicenti tras recibir un aviso por un incidente no que un home, que portaba unha arma branca, ameazara gravemente outra persoa na vía pública.

Os axentes desprazáronse ata o lugar dos feitos e procederon á detención do home, acusado de ameazas graves.

Polo momento, non transcenderon máis detalles sobre as circunstancias nas que se produciu o incidente nin sobre a identidade das persoas implicadas.