
Unha muller de 72 anos faleceu onte, domingo, tras sufrir un afogamento na praia de San Xurxo, en Ferrol, segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A alerta polo suceso recibíase na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 17:51 horas. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial de soporte vital básico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xunto con persoal sanitario do PAC de Ferrol.
Os equipos de emerxencias atenderon a muller e realizaron as correspondentes manobras de asistencia, pero non puideron salvarlle a vida e faleceu a pesar dos esforzos do persoal sanitario.
