
Unha muller de 61 anos de idade faleceu na tarde deste sábado mentres se atopaba na terraza da Asociación Recreativa Casino de Camariñas.
Tras producirse a emerxencia, activouse un importante operativo no que participaron efectivos sanitarios, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), a Policía Local e o helicóptero medicalizado H3.
Os equipos desprazados ao lugar realizaron todos os esforzos posibles para intentar salvarlle a vida á muller, pero finalmente nada puideron facer e confirmouse o seu falecemento no mesmo lugar dos feitos.
Polo momento, non transcenderon datos que permitan esclarecer as causas da morte, quedando á espera das investigacións e informes correspondentes.
O suceso causou unha forte conmoción entre as persoas que se atopaban na zona nese momento.