
A Coruña, 1 de xullo de 2026. Festikar organiza unha ruta especial desde A Coruña para asistir á XXXIV Festa do Percebe do Roncudo, unha das citas gastronómicas máis emblemáticas de Galicia, que se celebrará o sábado 18 de xullo en Corme.
A viaxe permitirá aos asistentes gozar dunha xornada dedicada ao auténtico percebe do Roncudo, nun ambiente onde a gastronomía, a música e a tradición mariñeira serán as grandes protagonistas.
A saída realizarase ás 14:00 horas desde Coruña Entrexardíns, cunha segunda parada ás 14:10 horas en Ramón y Cajal nº 30, chegando a Corme arredor das 15:20 horas. O regreso está previsto para as 03:00 horas da madrugada do 19 de xullo.
O servizo inclúe transporte de ida e volta en autocar, seguro de viaxe e acompañamento do equipo de Festikar durante todo o percorrido. A realización da ruta está condicionada a un mínimo de 35 persoas inscritas.
A programación da festa comezará ás 13:30 horas co acto oficial de inauguración, presentado por María Dapia, e contará co pregón de Rosa Rodríguez Vidal, que dará o pistoletazo de saída a unha xornada na que milleiros de visitantes poderán degustar o mellor percebe do mundo e vivir unha das celebracións máis representativas da Costa da Morte.
Desde Festikar animan a todas as persoas interesadas a reservar a súa praza para desfrutar dunha experiencia única, combinando transporte cómodo e seguro cunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.
🎟️ Reserva xa o teu billete en Festikar.com e vive a Festa do Percebe do Roncudo sen preocuparte polo transporte.
Festikar. Viaxamos contigo ás mellores festas de Galicia.
