Grandes resultados da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Negreira en Burela

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica do Concello de Negreira volveu destacar nunha nova cita competitiva. As súas deportistas acadaron excelentes resultados na 2ª proba do Torneo Interescolas, celebrada esta pasada fin de semana no Pavillón Municipal de Vista Alegre, en Burela, onde se deron cita ximnastas procedentes de toda Galicia e Asturias.

A elevada participación fixo que o pavillón quedase pequeno ao longo dunha intensa xornada de competición, desenvolvida tanto en horario de mañá como de tarde.

🥈 Podios e resultados destacados

Entre os mellores resultados da xornada, salientan:

  • Medalla de prata 🥈 para Valentina García Fadeville na categoría alevín individual.
  • Medalla de prata 🥈 para o Conxunto Infantil formado por Jimena, Paula, Enma, Alba, Lucía e Candela.
  • 4º posto para o Conxunto Alevín, integrado por Manuela, Elianne, Cloe, Paula e Ainhoa.

Estes resultados reflicten o bo traballo e a evolución das ximnastas da escola, que continúan sumando experiencia e éxitos ao longo da tempada.