Mañán non esquezas o obradoiro de adornos de Nadal e o encendido da árbore co Quinteiro de Buño

Lembrámos que mañán temos o obradoiro de adornos de Nadal e o acendido da árbore de Nadal. Pode que chova un pouco pero non te preocupes…estaremos ao abrigo, o obradoiro será na antiga Carnicería de Guillermo (Praza de Santa Xusta) e para decorar a árbore teremos unhas xeitosas jaimas

Non faltes, ven cos teus fillos, sobriños netos ou amigos. Haberá chocolate quente pra todos e prenderemos as luces.

DATOS DO EVENTO:

  • Evento: «Luz e maxia no Quinteiro»
  • Data e hora: 06/12/2025 de 16:00 a 19:00 horas.
  • Lugar: antiga Carnicería Guillermo – Praza de Santa Xusta e Praza de Buño.
  • Obxetivo: tempo de lecer para os máis pequenos, encendido da árbore de Nadal.
  • Dirixido a: tódolos públicos, especialmente nenos.
  • Programa:
    • 16:00 h.: Obradoiro de adornos de Nadal: dirixido a nenos e nenas (deben de asistir acompañados de un adulto). Elaboraránse adornos artesanais que despois formarán parte da decoración da gran árbore de Nadal de Buño.
    • 18:00 h.: Decoración da árbore de Nadal: empregaránse os adornos feitos no obradoiro e aqueles que acheguen os veciños e veciñas. Actividade aberta a toda a comunidade.
    • 18:30 h.: Acendido oficial das luces de Nadal: acendido das luces da árbore de Nadal.
  • Outros datos:

Que ninguén falte, comenta este acto cos teus amigos e veciños pra que ninguén falte!.

Lotaría de Nadal da asociación: estará a venda neste evento.