O BNG de Ribeira logra a aprobación unánime de melloras no transporte público

O Pleno de Ribeira aprobou por unanimidade a proposta do BNG para mellorar o transporte regular e escolar, impulsar unha conexión directa coa estación de tren de Catoira e reabrir o apeadoiro de autobuses.

O portavoz municipal, Luís Pérez Barral, denunciou as deficiencias do servizo e os problemas rexistrados no inicio do curso escolar, reclamando solucións que garantan desprazamentos seguros e puntuais.

Ademais, o BNG defendeu a construción da residencia pública de maiores nas Saíñas, fronte á alternativa do monte de San Roque, por considerar que ofrece mellor accesibilidade e integración na vida da vila. Pérez Barral reclamou ao goberno local que retome o proxecto e convoque unha mesa de traballo para avanzar na súa construción.

No pleno tamén se aprobaron por unanimidade propostas sobre a prevención do acoso escolar, a adhesión á Rede de Concellos contra o Cancro e a recuperación da antiga fábrica de Cerqueira como espazo público.