O Concello de Corcubión continúa cos traballos de desbroce, limpeza de camiños e mantemento

As brigadas municipais realizaron durante o mes de setembro diversas actuacións de limpeza, conservación e reparación en diferentes puntos do municipio.

Durante o mes de setembro, as brigadas do Concello de Corcubión continuaron coas labores de desbroce de camiños, limpeza de zonas verdes e mantemento dos espazos e infraestruturas municipais, co obxectivo de conservar en boas condicións os diferentes puntos do municipio.

🚜👷🏻 Entre as actuacións desenvolvidas incluíronse traballos de limpeza e desbroce de camiños e zonas verdes, así como diferentes tarefas de mantemento necesarias para garantir o correcto estado dos espazos públicos.

Do mesmo xeito, o persoal municipal levou a cabo traballos de pintado, mantemento e reparación de infraestruturas municipais. Entre estas actuacións destacan a impermeabilización do edificio do Rexistro, o arranxo de cubrecontedores e a reparación ou reposición de farolas danadas por actos vandálicos ou accidentes de tráfico.

Desde o Concello de Corcubión continúase así co labor de conservación e mellora do patrimonio e dos servizos municipais, atendendo as necesidades que se van detectando nos diferentes espazos públicos e infraestruturas do concello.