O Concello de Miño remata as obras de mellora do firme no Camiño Real e a pavimentación en Sombreu

O Concello de Miño continúa avanzando no seu proxecto de acondicionamento e renovación das infraestruturas municipais, cunha nova actuación centrada na mellora das vías e dos servizos públicos.

En concreto, xa están rematadas as obras de reparación do firme no Camiño Real, así como os traballos de pavimentación e mellora dos servizos na zona de Sombreu.

Estas intervencións teñen como obxectivo mellorar o estado das infraestruturas, facilitar a mobilidade e incrementar a seguridade e a comodidade das persoas usuarias destas vías.

Aínda que os traballos principais xa finalizaron, quedan pendentes algunhas actuacións complementarias, como o recrecemento das arquetas e a instalación da correspondente sinalización, coas que se completará a intervención.

Deste xeito, o Concello de Miño segue dando pasos na modernización e conservación da rede viaria municipal, apostando pola mellora dos servizos e da calidade de vida da veciñanza.