


A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, supervisou os traballos de asfaltado realizados na zona da Ribeira, en Cacheiras, unha actuación destinada a mellorar as condicións de circulación e a seguridade viaria nesta contorna.
Os traballos permitiron aglomerar unha vía municipal ao longo de 675 metros lineais, cunha superficie total de 2.848 metros cadrados de novo pavimento.
Ademais do asfaltado, a actuación incluíu a subida das tapas de rexistro existentes, así como a renovación e correcta disposición da sinalización horizontal e vertical na zona, co obxectivo de mellorar a seguridade dos usuarios da vía.
A intervención foi executada integramente con fondos propios do Concello, dentro das actuacións municipais destinadas á conservación e mellora da rede viaria local.
Durante a visita, a alcaldesa comprobou o resultado dos traballos e destacou a importancia de continuar actuando sobre as vías municipais para garantir unhas condicións axeitadas de circulación e contribuír á mellora das infraestruturas das distintas parroquias.
