O Conservatorio Municipal de Música abre os prazos de admisión para o novo alumnado de Iniciación e Grao Elemental

O Conservatorio Municipal de Música de Carballo (CMUS) pon en marcha o proceso de admisión para o vindeiro curso, no que convidamos a nenos e nenas a descubrir os beneficios da formación musical a través dos programas de Iniciación Musical e Grao Elemental.

O centro ofrece dúas vías principais de acceso dependendo da idade e obxectivos do alumnado:

  • Iniciación Musical: un programa deseñado para aprender música xogando, dirixido especificamente a nenos e nenas nados nos anos 2019 e 2020.
  • 1º de Grao Elemental: para aqueles/as que desexen comezar a tocar un instrumento.

calendario de acceso e matrícula para cada modalidade é o seguinte:

Para 1º de Grao Elemental:

  • Matrícula: Do 18 ao 31 de maio.
  • Xornada de portas abertas: 15 de xuño a partir das 17:00h.
  • Proba de acceso: 16 de xuño ás 17:00h.

Para Iniciación Musical:

  • Xornada de presentación: 28 de maio ás 18:00h.
  • Matrícula aberta: Do 1 ao 12 de xullo.

Por que estudar música?

Desde o CMUS Carballo destacan que a práctica musical non só é unha actividade artística, senón que aporta beneficios fundamentais para o crecemento:

  • Mellora a memoria, a atención e a concentración.
  • Estimula a creatividade e a imaxinación.
  • Axuda ao desenvolvemento integral e á intelixencia, e mellora a habilidade para resolver problemas matemáticos.
  • Fomenta a socialización e a adquisición de disciplina e rutinas.

Infórmate no CMUS Carballo!