O DÉPOR É DE PRIMEIRA!

O fútbol español recupera un dos seus grandes históricos. O Real Club Deportivo de La Coruña consegue o ascenso matemático a Primeira División tras vencer 0-2 ao Real Valladolid en Zorrilla. Oito anos despois, o deportivismo volve ao lugar do que nunca debería ter saído: a elite do fútbol español.

A Coruña volve soñar. Despois de anos de sufrimento, descensos, reconstrución e noites eternas nas categorías inferiores, o Dépor regresa a Primeira demostrando que os grandes nunca desaparecen. O equipo branquiazul culmina unha tempada histórica e certifica o seu regreso á máxima categoría.

O Deportivo non é un club calquera. É un dos nove equipos que conseguiron gañar a Liga española, campión na histórica tempada 1999-2000, protagonista do inesquecible “SuperDépor” e símbolo do fútbol galego e español en Europa.

Miles de afeccionados acompañaron ao equipo nun día para a historia. Co asubío final chegou a explosión de ledicia: bágoas, abrazos, bandeiras branquiazuis e unha afección que nunca deixou de crer. Porque o Dépor pode caer, pero xamais deixa de ser xigante.

Hoxe gaña A Coruña.
Hoxe gaña Galicia.
Hoxe volve un histórico.

FORZA DÉPOR 💙🤍