O Néboa acollerá este domingo a actuación de Smoke no Paseo Fluvial de Ponteceso

O grupo coruñés de versións ofrecerá un concerto ao aire libre cun repertorio que percorrerá o pop-rock, o jazz, o soul e os grandes clásicos

O Néboa de Ponteceso acollerá este domingo 9 de agosto a actuación de Smoke, tamén coñecido como Smoke Trío, nunha nova cita musical que terá como escenario o Paseo Fluvial de Ponteceso, á beira do río Anllóns.

A formación, creada na Coruña no ano 2004, está integrada por Ángel, vocalista e percusionista, e Marcos, guitarrista, e caracterízase por un amplo repertorio de versións de pop-rock nacional e internacional, jazz, soul e clásicos dos anos 60.

A actuación permitirá ao público desfrutar dunha tarde de música ao aire libre nunha das contornas máis atractivas de Ponteceso, coas espectaculares vistas sobre o río Anllóns como telón de fondo.

Desde o Néboa animan a veciñanza e visitantes a achegarse a esta cita e desfrutar, un ano máis, da música de Smoke nun ambiente festivo e nun enclave privilexiado.