Obdulia Taboadela visitará o IX Encontro de Palilleiras de Vimianzo este sábado

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso dos Deputados, Obdulia Taboadela, visitará este sábado, 7 de novembro, o IX Encontro de Palilleiras de Vimianzo, nunha xornada dedicada á posta en valor da tradición artesanal e do encaixe de palillos.

A visita terá lugar ás 16:00 horas no Pavillón Polideportivo de Vimianzo. Taboadela estará acompañada pola alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, así como polos candidatos ao Congreso pola comarca da Costa, Belinda Insua e Jorge Domínguez.

Durante o encontro, a delegación poderá coñecer de primeira man o traballo das palilleiras e compartir con elas esta cita que reúne arredor dunha tradición artesanal profundamente arraigada na cultura galega.

*Participantes:*

– Obdulia Taboadela, cabeza de lista ao Congreso dos Deputados.

– Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo.

– Belinda Insua, candidata ao Congreso pola comarca da Costa.

– Jorge Domínguez, candidato ao Congreso pola comarca da Costa.

*Data:* sábado, 7 de novembro.

*Hora:* 16:00 horas.

*Lugar:* Pavillón Polideportivo de Vimianzo.