
Un home de 36 anos, veciño da Laracha, perdeu a vida nun accidente ocorrido na tarde deste mércores na estrada AC-400, á altura do quilómetro 3,7, no tramo de subida desde Ledoño cara a Cerceda.
O condutor viaxaba só cando o seu vehículo envorcou e quedou contra a cuneta. Os Bombeiros de Arteixo acudiron ao lugar e excarceraron o corpo do falecido, que xa se atopaba sen vida.
No sinistro tamén resultou gravemente ferida a condutora doutro turismo implicado, quen foi trasladada consciente ao hospital con varias lesións. Os bombeiros tiveron que liberala do interior do vehículo. Ademais, un camión viuse afectado na colisión.
A Garda Civil investiga as causas do accidente para esclarecer as circunstancias exactas do suceso. Fuentes próximas apuntan a que ambos os turismos descendían de Cerceda cara a Ledoño cando un dos condutores perdeu o control e chocou contra o camión, que circulaba en sentido contrario, cara a Cerceda.
O accidente tivo lugar sobre as 17:40 horas. Más de dúas horas despois, o tráfico aínda estaba a ser regulado mentres os operarios limpaban a calzada. No operativo participaron os Bombeiros de Arteixo, persoal sanitario con varias ambulancias, axentes da Policía Local de Culleredo e a Garda Civil.
O tramo de estrada onde ocorreu o sinistro presenta unha pendente con dous carrís de subida e un de baixada.