
O Concello de Coristanco anunciou nas suas redes a súa participación, por primeira vez, na prestixiosa Feria de la Alubia y la Hortaliza de Casar de Periedo, un evento gastronómico de referencia en Cantabria que este ano celebra a súa 20ª edición.
Coristanco acudirá a esta cita para compartir un anaco da nosa identidade como territorio agrícola, levando con orgullo o noso produto máis emblemático: a Pataca de Coristanco, símbolo da nosa terra, do noso rural e dun xeito de traballar ligado á tradición, á calidade e ao esforzo diario de tantas familias produtoras.
Xunto coa representación institucional, viaxarán tamén as persoas participantes na excursión organizada polo Concello de Coristanco, que vivirán unha experiencia gastronómica e cultural inesquecible, descubrindo outra feira irmá e contribuíndo a estreitar lazos con outros territorios.