QUEIXAS POLO DETERIORO DO FIRME NA ESTRADA DE BÉRTOA, Á ALTURA DO BAR PIPA

Veciños e usuarios da vía denuncian o mal estado do firme na estrada situada fronte ao Bar Pipa, en Bértoa (Carballo), onde existe un gran bache que está a provocar preocupación entre os condutores.

O problema agrávase nos días de choiva, xa que a acumulación de auga fai que o burato quede practicamente oculto, dificultando a súa visibilidade e aumentando o risco de que algún vehículo sufra danos ou se produza un accidente.

Os afectados reclaman unha actuación para reparar o firme e evitar que esta situación poida acabar provocando un incidente.

A pregunta é: hai que esperar a que se produza un accidente para solucionar un problema que xa está á vista de todos?