
Esta semana finalizaron as visitas do alumnado do Ximnasio da Mente ao noso Museo do Mar ![]()
![]()
Os primeiros en participar foron os veciños e veciñas de Serantes, seguidos dos grupos de Laxe, Soesto e Traba ![]()
![]()
A actividade, organizada pola Técnica de Intervención Familiar, Mariló Porteiro, e polo técnico municipal do Museo do Mar, Xaquín Vidal, permitiu vivir unha experiencia moi especial chea de emocións, lembranzas e convivencia ![]()
![]()
Nesta segunda edición de “Unha Viaxe na Memoria” preparouse un vídeo con fotografías do Arquivo Foto Vidal dividido en dúas partes:
Un tempo para lembrar
Unha viaxe na memoria de Laxe, Serantes, Soesto-Sarces e Traba-Nande
Ao longo destas xornadas, os participantes desfrutaron dunha mañá de encontro e relacións sociais, compartindo recordos, activando a mente e descubrindo tamén un recurso cultural do noso concello que moitos e moitas aínda non coñecían ![]()
![]()
![]()
O alcalde Francisco Charlín estivo presente en todas as visitas realizadas, compartindo estes momentos tan especiais cos distintos grupos ![]()
![]()
Tamén a concelleira Raquel acompañou ao grupo de Soesto durante a súa visita




