
Malpica de Bergantiños, 23 de xullo de 2026.– Un sendeirista tivo que ser rescatado na tarde deste xoves nun tramo do Camiño dos Faros, entre o Faro Nariga e a praia de Niñóns, tras quedar nunha zona de difícil acceso.
No operativo participaron efectivos do GES, da Garda Civil e de Protección Civil, que se desprazaron ata o lugar para localizar ao excursionista e proceder ao seu rescate con seguridade.
Os equipos de emerxencias traballaron de forma coordinada para acceder ao punto no que se atopaba o sendeirista, nun dos treitos máis escarpados do litoral da Costa da Morte. Unha vez localizado, foi evacuado ata un lugar seguro para a valoración do seu estado.
Polo momento non transcenderon as circunstancias que motivaron a intervención nin o alcance das posibles lesións da persoa rescatada.