ÚLTIMA HORA | Un coche envorca na DP-1904, en Verdillo, e unha persoa é rescatada polos bombeiros

Un turismo envorcou este xoves na estrada DP-1904, ao seu paso por Verdillo, nun accidente rexistrado ás 10:05 horas.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Carballo, que tiveron que liberar unha das persoas ocupantes do vehículo.

Unha vez rescatada, foi atendida polos servizos sanitarios e evacuada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Polo momento descoñécense as causas do sinistro e non transcenderon máis datos sobre o estado da persoa trasladada.