
Unha persoa resultou ferida este sábado nun accidente de tráfico rexistrado na parroquia de Oleiros, no municipio de Ribeira.
Ata o lugar desprazouse unha dotación do Grupo de Emerxencias e Protección Civil de Ribeira, xunto con Bombeiros de Ribeira, Policía Local de Ribeira, 061 Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico, tras recibir o aviso do CIAE 112 Galicia.
Os servizos de emerxencias interviñeron no operativo para atender á persoa ferida e asegurar a zona do sinistro.
Por agora non transcenderon máis detalles sobre as circunstancias nas que se produciu o accidente nin sobre o estado da persoa afectada.
