
Veciños de Cabana de Bergantiños denuncian o mal estado de varias zonas públicas do municipio e reclaman unha actuación urxente por parte do Concello ante o perigo que supón para a veciñanza, especialmente para as persoas maiores e os nenos.
Un dos puntos máis criticados é o paseo marítimo, onde os residentes aseguran que o chan presenta numerosos buratos e desperfectos que dificultan o paso e aumentan o risco de caídas. Segundo explican, a situación resulta especialmente perigosa para as persoas de idade avanzada que pasean habitualmente pola zona.
As queixas tamén se centran no parque infantil, onde o pavimento atópase deteriorado e roto en varios puntos. Ademais, os columpios e outros elementos de xogo presentan sinais evidentes de óxido e falta de mantemento, o que preocupa ás familias pola seguridade dos menores.
Outro dos espazos sinalados polos veciños é a Praza do Pendón, onde denuncian a presenza de maleza medrando sen control arredor da zona e un firme cheo de fochancas e irregularidades. A veciñanza considera que a imaxe actual da praza transmite abandono e reclama labores de limpeza e reparación.
Os residentes piden ao goberno municipal que actúe canto antes para mellorar o estado destas infraestruturas e garantir a seguridade e o benestar da cidadanía.











