Vimianzo estrea “Saias do mar” e reafírmase como referente na creación escénica contemporánea

O Concello de Vimianzo acolleu a estrea da peza escénica Saias do mar, unha coprodución do Centro Coreográfico Galego e ArtístaKa Movemento, resultado do período de residencia artística desenvolvido no Auditorio municipal da localidade.

No acto de presentación participaron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a directora do Centro Coreográfico Galego, Pilar Portela; a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; e a concelleira de Cultura, Rosa Blanco.

Desde o Concello quixeron trasladar a súa noraboa á compañía polo traballo realizado nesta produción, destacando o seu valor para a creación contemporánea. Ademais, subliñaron que iniciativas como esta contribúen a consolidar Vimianzo como un espazo de referencia para a acollida e o desenvolvemento de residencias artísticas e proxectos escénicos.