
O Concello de Vimianzo pon en marcha unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas co obxectivo de facilitar a súa correcta xestión e reciclaxe, contribuíndo así a manter limpo o medio rural e reducir o impacto ambiental destes residuos.
As persoas interesadas en participar deberán comunicar a súa solicitude *antes do 16 de novembro, chamando ao teléfono **698 148 504*, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
No momento de realizar o aviso será necesario facilitar o nome e apelidos, o enderezo, un teléfono de contacto e a localización exacta dos plásticos que se desexan entregar.
A recollida comezará *a partir do 18 de novembro* e realizarase por zonas.
Desde o Concello lembran que é imprescindible comunicar a solicitude dentro do prazo establecido, xa que non se atenderán avisos posteriores.
Recomendacións para preparar os residuos
Para garantir o correcto desenvolvemento da campaña, os plásticos deberán cumprir as seguintes condicións:
– Estar dobrados e empacados con rafia plastificada.
– Estar o máis limpos posible, sen terra, herba nin restos de materia orgánica.
– Non estar mesturados con outros materiais, como tubaxes, garrafas ou sacos.
Con esta iniciativa, o Concello de Vimianzo busca fomentar a responsabilidade ambiental e facilitar aos agricultores e agricultoras unha alternativa adecuada para a xestión dos residuos plásticos das explotacións.
A colaboración da veciñanza é fundamental para coidar o noso rural e avanzar cara a unha contorna máis limpa e sostible.
