
O Concello de Coristanco convoca o XI Certame Asunción Antelo, o noso certame de creación en lingua galega para todo o alumnado dos centros educativos do municipio:
CPI Alcalde Xosé Pichel · CEIP Canosa Rus · CEIP Bormoio-Agualada · CRA A Tarandeira · EFA Fonteboa.
Quen pode participar?
Todos os nenos e nenas do Concello, desde Educación Infantil ata Formación Profesional.
Por que participar?
Porque é unha oportunidade moi bonita de crear, imaxinar e homenaxear a Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños, unha muller que rompeu barreiras co seu arte en madeira, pedra e barro e cos seus versos cheos de vida.
Premios
Un gañador/a por modalidade, categoría e centro.
Libros e material didáctico por valor total de 1.000 €
Data límite
Entrega dos traballos ata o 6 de maio de 2026 (no teu propio centro).
Entrega de premios
O 17 de maio no Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples.